¿Tes un vídeo ou unha gravación de audio que necesitas ter por escrito?

Podo axudarche. O que necesitas é alguén cun bo oído para o galego e o castelán (e os seus diferentes acentos) e coñecementos avanzados de gramática.

Hai moitos casos nos que unha transcrición é necesaria: para converter unha chamada telefónica nun texto, con obxectivos legais nun xulgado, para ter un vídeo ou película escrito en galego ou castelán para enviárllelo logo a tradutores en diferentes idiomas…

Podo transcribir o vídeo ou a gravación nun simple bloque de texto, pero tamén cho podo entregar cos códigos de tempo das diferentes intervencións e incluso cos nomes das persoas que falan (se mos podes proporcionar).