Un dos aspectos que máis me atraeu da tradución audiovisual foi a subtitulación. Comecei a coñecela durante a carreira e daquela tiven a sorte de ter un dos meus primeiros contactos profesionais nesta área gracias a Pequerrecho Subtitulación. Máis tarde tiven a oportunidade de aprender máis sobre o tema no Mestrado da Universidade de Roehampton xunto a compañeiros e profesores fantásticos.
Paréceme fascinante a forma na que os subtítulos lle poden axudar aos falantes de calquera idioma a entender películas, series, vídeos educativos… Os subtítulos poden axudar a expandir culturas. Os subtítulos poden axudarnos a gozar de cada unha das culturas do mundo.
A miña experiencia traballando durante un ano en Multisignes creando subtítulos en directo en TVE para espectadores xordos e con discapacidades auditivas (pero tamén para outros tipos de contidos audiovisuais) permíteme adaptarme ás túas necesidades e entender que é o que queres conseguir. Tamén podo aconsellarche seguir a norma española neste ámbito (UNE 153010:2012) ou crear subtítulos que se adapten aos teus requisitos (velocidade de lectura, distancia de fotogramas entre subtítulos, tamaño de letra ou uso dunha caixa negra). Estou acostumado a traballar con Aegisub, WinCaps, EZTitles e Swift.