EXPERIENCIA PROFESIONAL
- Tradutor autónomo (EN, FR, PT > ES, GL) (09/2016 – 12/2019 | 09/2021 – Actualmente)
Tradución en diferentes campos: técnico, legal e médico entre outros (traballo con Trados Studio 2021).
Especializado na creación e tradución de subtítulos (traballo con EZ Titles 6).
Colaboración habitual con clientes privados e axencias de tradución como Absolute Translations (onde tamén traballei como xestor de proxectos), Multisignes (onde traballei como subtitulador en directo para TVE), Amazon, CorporateTrans, Tabakalera, Pequerrecho…
- Tradutor e subtitulador – Domestika (12/2019 – Actualmente)
Subtitulado, tradución e postedición de contido audiovisual relacionado con cursos en liña sobre deseño e creatividade.
Xestión de tarefas como parte dun equipo dentro dun entorno dinámico.
Uso de EZ Titles, Aegisub, Trados e outras ferramentas, como Monday e Slack.
- Tradutor e subtitulador – Multisignes (08/2015 – 08/2016)
Empresa de servizos de produción audiovisual e accesibilidade
Creación de subtítulos en directo mediante a técnica do refalado. Subtitulado e tradución de diversos contidos audiovisuais (películas, series de televisión, documentais, conferencias…). Uso de Dragon NaturallySpeaking, FAB, EZ Titles e FingerText.
- Xestor de proxectos – Absolute Translations (Londres) (10/2013 – 08/2015)
Axencia de tradución, establecida en Londres dende 2001
Planificación e xestión de proxectos de tradución en diferentes áreas. Negociación sobre os requisitos cos clientes, proporcionando calidade e rendibilidade. Control de prezos en facturas e ordes de compra. Uso de Microsoft Office, SDL Trados, Sage 50 Accounts e dun software deseñado para uso propio.
- Tradutor (EN > ES) – FRED Film Radio (02/2015 – 05/2015)
Emisora de radio multimedia dirixida a profesionais e amantes do cine
Tradución de documentos para o proxecto FRED at School, seleccionado pola Comisión Europea para Creative Europe 2014. O proxecto aspira a promover a alfabetización cinematográfica e o coñecemento sobre o cine europeo entre alumnos de varios países europeos, utilizando a radio como apoio e como unha ferramenta innovadora.
- Subtitulador e tradutor (EN > ES, GL) – Pequerrecho Subtitulación (09/2012 – 2014)
Innovadora axencia especializada na accesibilidade e no subtitulado.
Sincronización e tradución de subtítulos utilizando Aegisub.
Especialización en cine clásico para a súa emisión na Televisión de Galicia.
- Editor web e tradutor – LifeInsideUK (06/2012 – 09/2012)
Empresa de selección de persoal que traballa como ponte entre os mercados británico e español
Tradución, creación e adaptación de contidos en inglés para a páxina web e as redes sociais da empresa. Tradución de diferentes tipos de documentos requiridos para uso interno e dos seus clientes.
- Xestor de proxectos e tradutor – Ponte… nas Ondas (03/2013 – 05/2013)
Asociación cultural e educativa creada en Galicia en 1995
Prácticas universitarias. Tradución inversa (GL>EN) xunto a unha compañeira dun libro de 30 000 palabras conmemorando os 15 años dende a creación da asociación.
FORMACIÓN
- Mestrado en Tradución Audiovisual
University of Roehampton (2014- 2015)
- Grao en Tradución e Interpretación
Universidade de Vigo (2009 – 2013)
University of Liverpool (2010 – 2011)
COÑECEMENTOS DE SOFTWARE
- Microsoft Office Suite
- Ferramentas TAO e de localización: Trados, Wordfast, OmegaT, CatsCradle, Virtaal, Lokalize
- Ferramentas de deseño: Photoshop, Gimp
- Ferramentas de subtitulado: WinCaps, Swift, FAB, EZ Titles, Aegisub, Subtitle Workshop
ACREDITACIÓNS E CURSOS
- Inglés: Nota global de 7,5 IELTS (C1 MCER) – British Council
- Portugués: Acreditación nivel C1 (MCER) – DAPLE (Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira)
- Membro de AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación)
- Inmersión lingüística en inglés. Nivel avanzado (CEFR) – Universidad Internacional Menéndez Pelayo
- 1.º Taller de Tradución Multimedia- Universidade de Vigo
- Taller de localización de software libre – Consorcio CIXUG, Asociación Cultural Proxecto Trasno
- 1.º Foro de Emprego de Tradución e Interpretación – Universidade de Vigo